A serie galega 3 Camiños chegará a 240 territorios a través de Amazon Prime
mércores, 20 de xaneiro do 2021
Esta mañá celebrouse a rolda de presentación da serie 3 Camiños,
impulsada pola produtora Ficción Produciones e cun innovador plan de
distribución que cubre 240 territorios a través da plataforma de
streaming Amazon Prime Video (a partir do 22 de xaneiro). Na
presentación de 3
Camiños participou o conselleiro de Cultura e Educación,
Román Rodríguez, que lembrou que a produción conta co apoio do
Goberno autonómico a través dunha achega de 1,5M€. Segundo fixo
saber, a serie reflicte “o bo momento que está a vivir o sector
audiovisual galego”.
Na
rolda, Rodríguez felicitou ao equipo técnico e artístico da serie,
e aos seus responsábeis, “por ser quen de culminar este proxecto
en tempo, a pesares de que a pandemia interrompeu a rodaxe” no mes
de marzo. Con “esforzo e determinación”, dixo, esta nova
proposta audiovisual “foi un dos primeiros proxectos audiovisuais
que retomou a súa actividade tras a parada obrigada pola crise
sanitaria respectando os protocolos sanitarios”. Tamén destacou o
feito de que se levar a cabo cuns servizos de produción 100% galegos
e que o 80% do persoal técnico procede da Comunidade. Ademais, dixo
que se estima que o proxecto chegará a unha audiencia potencia de
200 millóns de persoas.
O
conselleiro de Cultura da Xunta estivo presente na rolda de prensa
xunto co xefe de contidos de Prime Video en España, Ricardo
Cabornero; a produtora executiva da serie, Mamen Quintas; o director,
o ourensán Tito López Amado, e os protagonistas da serie. O
responsábel de conducir o acto foi o actor Luis Zahera, que tamén
forma parte do reparto.
Tráiler da serie