A tarxeta de compra de El Corte Inglés xa é compatible con Samsung Pay

xoves, 20 de xullo do 2017 Marcus Fernández

Hai menos dun mes o Banco Santander comezou a operar con Samsung Pay, de xeito que os posuidores de tarxetas bancarias da entidade bancaria que contasen cun smartphone de Samsung con NFC e lector de pegadas dixitais poden pagar xa co móbil, realizándose os cargos á súa tarxeta habitual, unha operativa moi áxil, cómoda e segura que a partires de agora tamén está dispoñible para os usuarios da tarxetas de El Corte Inglés.
El Corte Inglés convértese no primeiro emisor de tarxetas privadas do mundo en sumarse a Samsung Pay, de xeito que os seus clientes poderán pagar as compras nos seus puntos de venda dun xeito seguro, rápido e sinxelo directamente co seu teléfono, sempre que sexa un dos modelos compatibles (Samsung Galaxzy S8/S8+, S7/S7 edge, S6/S6 edge/S6 edge+ ou A5 2016/2017).
Unha vez que os clientes de El Corte Inglés engaden a súa tarxeta dentro da aplicación de Samsung Pay xa non precisarán levar a súa tarxeta de compra para realizar pagamentos nos establecementos que aceptan esta forma de pago, e co gallo deste lanzamento os usuarios que fagan uso da súa tarxeta de El Corte Inglés a través de Samsung Pay antes do 31 de agosto para compras de a partires de 10 euros recibirán 10 euros de bonificación (que reflectirase no resumo de compras dos meses de setembro e outubro).

Momento no que anunciaron ante os medios a integración de Samsung Pay coa tarxeta de El Corte Inglés

PUBLICIDADE