A tecnoloxía volveu mostrar a súa vertente máis democrática e divertida na Maker Faire Galicia

luns, 8 de xullo do 2019 Redacción

A Cidade da Cultura de Santiago foi estes días un fervedoiro de innovación en estado puro: innovación participativa en todo o sentido do termo. O motivo? O desenvolvemento da Maker Faire Galicia, a feira argalleira máis relevante da nosa terra e, en palabras da organización (Vermis co apoio do Concello compostelán e a Fundación Cidade da Cultura), a máis salientábel de todo o ámbito peninsular. Polo evento pasaron centos de persoas, tanto para ver de preto tecnoloxías facéndose, como para poñerse mans á obra. Amais, a cifra de participantes inscritos foi de medio milleiro.
Entre as persoas que por alí pasaron atopábase o concelleiro de Relacións Institucionais e segundo tenente de Alcalde, Sindo Guinarte, que salientou na inauguración a importancia que ten para Santiago acoller eventos deste tipo, porque “innovación e creación son as claves do éxito do sector industrial e empresarial”, dixo. Guinarte definiu as dúas vertentes da feira (a profesional, que se desenvolveu de mércores a venres, e a do público en xeral, o sábado e o domingo) como “unha oportunidade única para coñecer os últimos avances tecnolóxicos, visualizar como está o mercado, crear sinerxías, captar novos talentos ou sumarse a novos proxectos empresariais”.
O edil tamén tivo palabras para lembrar os vindeiros proxectos tecnolóxicos do Goberno local, como a construción en parcelas públicas do Concello de naves niño destinadas a novas iniciativas empresariais “co obxectivo de dar impulso a esas empresas que están a xurdir e complementar os viveiros, como o da Cámara de Comercio”.
Vertente profesional
Durante os tres días profesionais houbo charlas e mesas redondas onde se trataron temas de actualidade como a robótica, a ciberseguridade, o Open Data, a enerxía, a mobilidade ou a Intelixencia Artificial. Foron, en total, tres temáticas por día. Participaron empresas como Iberdrola, Repsol, Cellnex ou Siemens; e empresas galegas de recoñecido prestixio como FINSA, Plexus, Televés, Kaleido ou Alén Space, que presentaron os seus proxectos.
Xornadas Abertas
As xornadas abertas a todos os públicos celebráronse os días 6 e 7 de xullo. Durante toda a fin de semana no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, de 10 da mañá a 8 da tarde, nenos, adultos e maiores puideron gozar de numerosas charlas e actividades para todos os gustos.
Entre os relatores destacou a figura de Soledad Ayuso, unha avoa maker que imprime todo o que se imaxina en 3D, desmitificando a idade como un factor limitador para converternos en argalleiras e argalleiros de tecnoloxía.
No tocante ás actividades e obradoiros que se desenvolveron durante a feira o abano temático foi ben amplo: pilotaxe de drons, creación de microscopios caseiros, mistura de papiroflexia e electrónica, Arduino, programación…
Outra das actividades estrela foi a Hebocon, a competición de robots absurdos, que volveu captar a atención de argalleiras e argalleiros de todas as idades.
Faire Galicia, a feira argalleira máis relevante da nosa terra e, en palabras da organización (Vermis co apoio do Concello compostelán e a Fundación Cidade da Cultura), a máis salientábel de todo o ámbito peninsular. Polo evento pasaron centos de persoas, tanto para ver de preto tecnoloxías facéndose, como para poñerse mans á obra. Amais, a cifra de participantes inscritos foi de medio milleiro.

PUBLICIDADE