A tele de R afronta a volta ao cole con fútbol de primeira e máis de 90 canles

luns, 11 de agosto do 2025 S. P.

A operadora galega R irrompe na nova tempada cunha oferta de televisión que inclúe fútbol de LaLiga EA Sports (Primeira División) após o seu acordo con Dazn, un servizo cun descodificador premium Infinity HomeBox e un “todo incluído” con máis de 90 canles de tele e as principais plataformas do mercado.
Así, quen contraten con R o combo co paquete de fútbol de Dazn gozarán durante un ano, por só 10 € máis ao mes, dos 5 partidos por xornada das 35 xornadas de LaLiga que emite a plataforma en Dazn LaLiga 1 e Dazn LaLiga 2 (sempre a través do descodificador do servizo de tele de R). Amais, a oferta de tele do combo infinito para quen se fagan de R inclúe, tamén durante un ano, dúas liñas móbiles de tarifa ilimitada, a opción TV Total (con toda LaLiga Hypermotion), Netflix, SkyShowtime, HBO Max e tres meses gratis de Dazn.
Á súa vez, os clientes de R poderán engadir ao seu combo de servizos o paquete de fútbol cos 5 partidos por xornada das 35 xornadas de LaLiga EA Sports que emite Dazn LaLiga por 10 € ao mes o primeiro ano.
Esta tempada R dá tamén un salto de valor en televisión co seu novo Servizo R Infinity HomeBox, que inclúe o descodificador premium Infinity HomeBox. En palabras da operadora galega, “este equipamento supón unha verdadeira revolución na experiencia de uso do público de tele, ao incorporar son inmersivo grazas ao seu sistema de audio deseñado por Bang & Olufsen con Dolby Atmos”.
Polas súas múltiples funcionalidades (UHD HDR10+, Dolby Vision, Dolby Atmos...), este descodificador punteiro convértese “no centro de entretemento do fogar, dotado dunha nova interface de tele máis áxil, dinámica e moderna que, entre outras cousas, facilita o acceso sinxelo ás canles”, salienta a empresa con sede na Coruña, engadindo que o Servizo R Infinity HomeBox destaca especialmente polo seu son da máxima calidade grazas ao deseño de audio de Bang & Olufsen e é compatible con todos os usos: streaming 4K, videoxogos en liña, teletraballo, etc.
Os/as clientes/as de R poden contratar o Servizo R Infinity HomeBox por 5 euros ao mes ou formar un combo infinito XL cun xiga de fibra, dúas liñas móbiles de tarifa ilimitada e a opción TV Total co descodificador Infinity HomeBox de R incluído.
A maiores, para completar a experiencia de audio inmersiva, poderanse engadir os altofalantes traseiros envolventes compatibles exclusivamente co descodificador Infinity HomeBox de R por 3 € ao mes adicionais durante 48 meses.