A tenda de xogos de Epic regala Among Us por tempo limitado

xoves, 27 de maio do 2021 Marcus Fernández

Para captar a atención dan súa tenda de videoxogos para PC dende Epic Games están a lanzar descontos importantes como Grand Theft Auto V a metade de prezo, Cyberpunk 2077 cunha rebaixa do 20% ou a posibilidade de mercar Kingdom Hearts III cun 33% de desconto e conseguindo adicionalmente 3 meses de balde de Disney+. Pero a promoción máis rechamante de todas é a de Among Us, xogo que converteuse en todo un fenómeno de masas o pasado verán, e que até o 3 de xuño ás 17:00 horas poderá adquirirse completamente de balde, de xeito que quen aínda non lle dese unha oportunidade pode achegarse a este xogo para saber o que o converteu nalgo tan especial.
Entre as ofertas actuais da tenda de Epic Games temos tamén a NBA 2K21 cun 74% de desconto, Cities: Skylines cun 75% de desconto, Death Stranding cun 60% de desconto, a edición Xogo do Ano de The Witcher III por só 9,99 euros, Assassin’s Creed: Valhalla cun 25% de desconto, Far Cry 5 cun 85% de desconto, Immortals: Fenyx Rising a metade de prezo, Shenmue III cun 60% de desconto, e moitos outros xogos.

PUBLICIDADE