A tenda dixital de Xbox 360 pechará dun xeito exemplar
xoves, 17 de agosto do 2023
En
novembro a Xbox 360 cumprirá 18 anos, e esta consola que conseguiu coller a
dianteira á PlayStation 3 (algo que Microsoft non repetirÃa en seguintes
xeracións) prepárase
para dicir adeus á súa tenda dixital, que sorprende que aÃnda estivese
activa.
A data elixida para pechar esta etapa é o 29 de xullo de 2024, cando deixará de
ser posible mercar xogos e contido descargable a través da tenda dixital de
Xbox 360, cambio que tamén suporá o cesamento do funcionamento da aplicación PelÃculas
y programas de TV.
Normalmente este tipo de peche resulta traumático, pero desta volta a cousa é
moi diferente, xa que boa parte do catálogo de Xbox 360 é retrocompatible coas
consolas posteriores, polo que moitos dos xogos desta veterana consola
continuarán a estar dispoñibles para a súa compra dende consolas Xbox One e
Xbox One X|S, mentres que as pelÃculas e series adquiridas en Xbox 360 seguirán
a estar dispoñibles en consolas posteriores e tamén en ordenadores con Windows
10 ou superior. Temos asà un magnÃfico exemplo do positiva que pode ser a
retrocompatibilidade a longo prazo.
Durante os vindeiros meses os usuarios de Xbox 360 que aÃnda empreguen a súa
consola poderán seguir a realizar compras dixitais (o que pode ser unha
oportunidade para completar compras que tiñan adiadas) e unha vez pechada a
tenda en liña poderán seguir a xogar a todos os xogos e incluso será posible
borralos da consola e volver descargalos cando se desexe, ou sexa, que na práctica
o que acontece é que non se poden realizar novas compras, pero a consola non
quedará abandonada (nalgúns casos incluso manteranse os modos multixogador en
liña), algo que non é nada frecuente no sector.