A terceira entrega de Gears of War chegará en setembro
mércores, 23 de febreiro do 2011
Os lanzamentos
que chegarán no que resta de ano á Xbox 360 continúan a ser unha incógnita en
boa medida, pero finalmente sabemos a data de lanzamento dun dos tÃtulos que
máis forza vai ter, Gears of War 3,
que finalmente porase á venda
o 20 de setembro a nivel mundial, aÃnda que en breve Epic Games abrirá unha
beta multi-xogador da vindeira aventura de Marcus Fénix e compañÃa. O xogo está
a ser desenvolvido coa última versión do Unreal Engine 3 e contará con
servidores dedicados, polo que espérase que estea á altura do que agardan os
seareiros desta impresionante saga.
Nun principio agardábase que o xogo chegase ás tendas en primavera coma o resto
de entregas desta franquÃa, e os rumores apuntan a que Gears of War 3 terÃa unha data fixada no outono para dar deixar
un oco antes do Nadal para a chegada dun rumoreado remake do orixinal Halo:
Combat Evolved, que o 15 de novembro cumprirá 10 anos, polo que serÃa
un momento ideal para retomar esta historia á que tanto deben as consolas de
videoxogos de Microsoft.
O primeiro Gears of War chegou ao
mercado en 2006, acumulando esta saga máis de 12 millóns de copias, e chegando
ao seu capÃtulo final nesta terceira entrega.
- O regreso de Marcus Fénix á Xbox 360 queda fixado no 20 de setembro
- Agárdase que en breve bote a andar a beta multi-xogador de Gears of War 3
- Marcus Fénix volve a converterse o peor pesadelo dos Locust