A transformación de Twitter en X non frea as numerosas polémicas
luns, 31 de xullo do 2023
A
transformación de Twitter en X está moi avanzada, chegando a niveis moi
difÃciles de anticipar, mentres vai topando atrancos nun rumbo tan precipitado
como improvisado por parte de Elon Musk, que parece decidido a levar até as
últimas consecuencias o que poderÃa parecer inicialmente como unha simple
arroutada (como cando mudou
o logotipo de Twitter pola cara dun can).
Durante os últimos dÃas conseguiu que o cambio de imaxe de Twitter, que
inicialmente se limitaba á versión web do servizo, chegase tamén a dispositivos
móbiles, comezando pola aplicación para Android, pero conseguindo
que tamén fose posible en iOS, o que foi unha grande sorpresa, xa que na
App Store non están permitidas as aplicacións que teñan unha única letra como
nome, polo que Apple terÃa aceptado facer unha excepción con X.
Deste xeito a aplicación antes coñecida como Twitter responde agora ao nome de
X, aÃnda que o dominio twitter.com continúa a ser o oficial (x.com é unha
simple redirección), pero o cambio afecta tamén ao vocabulario da plataforma,
que deixa de ter chÃos para contar con publicacións, desbotando asà o valor de
marca gañado ao longo de tres lustros.
O efémero X luminoso
O cambio de imaxe tamén se deixou notar na parte exterior das oficinas de Twitter en San Francisco, onde xa retirou o logotipo de Twitter, e instalou na súa parte superior un X xigante, que emitÃa luces estroboscópicas, de xeito que tiñan unha grande visibilidade e mesmo era unha molestia considerable para os seus veciños, que non tardaron en presentar unha chea de denuncias, o que levou a que nas últimas horas tivesen que desinstalar o X. De feito, transcendeu que durante a fin de semana Twitter/X non permitira que os inspectores da cidade comprobasen a estrutura que instalaran no edificio, e semella que a obra non só non tiña permiso, senón que incluso carecÃa das máis mÃnimas medidas de seguridade (en fotografÃas pode verse como se sostiña a base de sacos de area), polo que corrÃa un serio risco de rematar na rúa un dÃa de vento. Un claro exemplo máis do proceder habitual de Musk, que levou a Twitter a unha posición dramática (pese a que tente vender de cara ao público que a plataforma está mellor que nunca).
Máis polémicas
- A CCDH sostén que pagar Twitter Blue outorga impunidade ante os discursos de odio
Mentres dá a
impresión de que Elon Musk só busca facer ruÃdo a base de polémicas, xa que
despois de ter
que suspender a conta de Twitter de Ye (Kanye West) por violar as normas da
plataforma ao incitar a violencia, decidiron
reinstaurar o estado da conta a pasada fin de semana, e como medida de
precaución, en vez de protexer aos usuarios das mensaxes de odio de West,
optaron por impedir que o rapeiro poida monetizar a súa conta, ou sexa, que non
amosará publicidade preto das súas publicacións. Enténdese asà que X non coida
pola seguridade dos usuarios, senón unicamente vixÃa que non se poidan asociar
contidos molestos con anunciantes, para evitar que continúe a súa fuxida en desbandada.
Pero esta polémica, pese a ser mediática, non é a máis importante, xa que a
entidade non gobernamental Center for Countering Digital Hate (CCDH), que loita
contras os discursos de odio e a desinformación en liña, vén de recibir ameazas
por parte do equipo levan de Elon Musk, que os denuncia por un informe no
que denuncian a pasividade de Twitter fronte as publicacións que promoven o
odio.
Os avogados de Musk aseguran que as crÃticas da CCDH responden ao feito de que os
competidores de Twitter financian a organización, o que é unha acusación
infundada e incluso irracional, xa que a CCDH tamén publica informes criticando
a plataformas como Facebook, Instagram e TikTok.
O
informe da polémica deixa en evidencia as malas prácticas de Twitter de cara
á moderación dos contidos tóxicos, asegurando que Twitter non actúa contra o
99% dos contidos de odio publicados dende contas de usuario subscritas a Twitter
Blue, suxerindo que a plataforma fai a vista gorda ante contidos que vulneran
as súas propias normas e incluso potencia a súa visibilidade.
No informe elaborado a CCDH recolleu chÃos dun cento de subscritores de Twitter
Blue que violaban as normas da plataforma con comentarios racistas, tránsfobos,
homófobos e neonazis, denunciounos e tras 4 dÃas de espera comprobou como o 99%
das publicacións seguÃan activas, e no caso no que procederon ao borrado do
chÃo tóxico, non se tomaron medidas contra a conta que o publicou.
Estudos anteriores da CCDH sostiñan que Twitter non tomaba medidas conta os
contidos antisemitas no 89% dos casos e anti-musulmáns no 97% dos casos, pero
agora detectan que a situación radicalÃzase se os usuarios que comenten as
infraccións están subscritos a Twitter Blue, de xeito que esta xente non só goza
de impunidade, senón que incluso consegue un maior alcance cos seus discursos
de odio.
Dende a CCDH comparten varios dos chÃos do seu estudo, de xeito que podemos comprobar
como na súa meirande parte continúan activos hoxe, boa parte sen ningún tipo de
restrición, aÃnda que algunha das contas si está agora suspendida. En calquera
caso, que un contido claramente delituoso que foi denunciado manteña a súa presenza
en Twitter coa visibilidade limitada é unha violación clara das lexislacións
dos paÃses nos que Twitter opera, e de manterse esta polÃtica nos vindeiros meses
fará que a plataforma teña serios problemas para poder manterse activa en
Europa.