A última actualización da Xbox 360 rehabilita os discos duros das consolas baneadas

xoves, 8 de abril do 2010 Marcus Fernández

O pasado outono a Xbox 360 tivo unha actualización que permitía a instalación de xogos no seu disco duro, pero que viu seguida dunha vaga de baneos, que bloqueaba tal funcionalidade para os usuarios que tiñan trucada a súa consola para o uso de xogos non orixinais, pero a nova actualización dispoñible dende esta semana, que permite o uso de memorias USB coma se fosen o disco duro da consola (para almacenar partidas gardadas e contido descargable), volve a posibilitar a instalación de xogos no disco duro da Xbox 360 (ou en memorias USB) o que agradecerán os usuarios afectados pola anterior medida restritiva de Microsoft.
Coma os usuarios baneados non poden conectar a súa consola á Internet, poden descargar a actualización dende distintas páxinas web buscando por un ficheiro que leve por nome $SystemUpdate_9199.rar e que deberá descomprimirse nunha memoria USB para a súa instalación na Xbox 360.

PUBLICIDADE