As últimas actualizacións de Call of Duty e Warzone poden provocar problemas de espazo nas PS4 de 500 GB
xoves, 25 de febreiro do 2021
A capacidade
de almacenamento que traen de serie as consolas de videoxogos considérase que
habitualmente é dabondo para un usuario medio, pero teremos que reformular a
cuestión atendendo ao último comunicado de Activision, que advirte de que as
últimas tempadas de Call of Duty chegan mediante actualizacións de
grande tamaño que requiren bastante capacidade de disco dispoñible para a súa
descarga e instalación até o punto de que os usuarios que teñan unha
PlayStation 4 cunha unidade de disco duro de 500 GB poden ter problemas para
poder instalar todo, de aà que dean
instrucións sobre como poder facer espazo para poder gozar de Modern
Warfare/Warzonee Black Ops Cold War nas súas últimas versións.
A tempada 2 de Black Ops Cold War inclúe o modo zombies (Outbreak)
e moitos outros contidos que supoñen un grande volume de datos a instalar nas
consolas (entre 10,5 e 26,5 GB), e a última versión de Warzone tamén ten
un peso considerable (entre 16,9 e 17,9 GB), pero a estas descargas hai que
sumar todo o que ocupan os xogos instalados e coas distintas actualizacións que
foron recibindo, de aà que poidan chegar a superar o espazo libre nunha consola
con só 500 GB de disco duro.
Cómpre lembrar que para xogar a Black Ops Cold War non é imprescindible
instalar Warzone (e viceversa), pero é indiscutible que ambos xogos
apuntan ao mesmo perfil de usuario, polo que parece razoable pensar que quen
xogue a un tÃtulo tamén o faga ao outro, polo que esta información de Activision
resulta moi preocupante, xa que saca a relucir o feito de que as capacidades
que traen as consolas de videoxogos de fábrica poden ser insuficientes, especialmente
nas consolas de nova xeración, polo que este problema vai agravarse nos vindeiros
anos, e deberÃa terse moi en conta no momento de mercar unha nova consola de
videoxogos.