A última revisión da Xbox 360 podería estar xa nalgunhas tendas

martes, 30 de setembro do 2008

A Xbox 360 contou con varias revisións para evitar os impopulares problemas das tres luces vermellas, que case quedou erradicado pola actual placa Falcon, pero dende varias webs comentan que xa se están a ver dende hai uns días nas tendas consolas coa placa Jasper, que incluiría un procesador gráfico de 65 nm (conservando un procesador principal a 90 nm) o que continuaría a mellorar a resistencia da consola de Microsoft (así coma reducir o seu consumo enerxético e o seu ruído).

PUBLICIDADE