A veciñanza de Celanova pide ao Concello unha app para acceder a toda a información municipal
venres, 4 de novembro do 2016
A Aula
CeMIT de Celanova vén de realizar unha enquisa, difundida polas
redes sociais (Facebook e Twitter), na que se tira como conclusión o
desexo de que un 98,9% dos veciños deste municipio apostan pola
posta en marcha dunha aplicación móbil, Celanova Viva,
de cara a unificar a información administrativa, cultural, deportiva
e social do Concello de Celanova para achegala aos usuarios
(residentes ou non no municipio) co único requisito de contaren cun
teléfono con acceso á internet e con posibilidades de descargar
aplicacións.
Grazas a esta app, os veciños de Celanova
coñecerán de primeira man: as actividades locais, o turismo, as
ofertas de comercio da zona, os lugares de lecer e outros servizos
administrativos, culturais e deportivos de utilidade, feito que
contribuirá a que se poida dinamizar a actividade social, cultural e
económica do termo municipal.
Detrás desta iniciativa atópase a empresa de
tecnoloxÃas da información Evelb, elixida polo Concello de Celanova
para xestionar a axuda precisa por parte da Xunta de Galicia para
poder poñela en marcha durante o ano 2017.
En canto a novidades, esta aplicación móbil
salienta pola interacción entre comerciantes e clientes, facilitando
a visualización dos produtos e permitindo que compradores e
vendedores interactúen en tempo real. No sector da hostalerÃa,
poderanse publicar as propostas gastronómicas de balde, fomentando o
turismo gastronómico, o comercio a distancia e promovendo a venda de
produtos de Celanova a nivel autonómico.
A Aula CeMIT
de Celanova, no marco do proxecto CeMIT-Innova,
é unha iniciativa da AMTEGA para o fomento da Innovación Social
Dixital en Galicia, e da que a aula CeMIT de Celanova forma parte
como proxecto piloto.

