A veciñanza de Dodro terá acceso a media ducia de cursos tecnolóxicos para fomentar o emprego e o emprendemento
venres, 5 de setembro do 2025
O Concello de Dodro informa que vai ter acceso a media ducia de cursos de balde centrados en diferentes aspectos da Sociedade da Información. A formación abéirase ao proxecto TuRepueblas e conta co apoio da Fundación UNED e coa colaboración do Concello de Dodro.
Estes cursos online, que tamén serán accesibles dende a Aula de Informática local, centraranse en cuestións candentes como a ciberseguridade, a xestión e análise con follas de cálculo ou a Intelixencia Artificial, todas elas cuestións de gran interese para mellorar currÃculos, atopar emprego ou acompañar unha iniciativa de emprendemento. Os cursos están concibidos para persoas desempregadas, maiores de 65 anos, menores de 25 anos e mulleres. Quen teña interese en inscribirse nalgunha das actividades pode facelo a través do blog do Reto Rural da UNED.
Cursos incluÃdos
O teu gardián en liña: fundamentos de ciberseguridade para a autodefensa.
Xestión e análise de datos con folla de cálculo.
Habilidades dixitais para a vida no século XXI.
Introdución á Intelixencia Artificial e as súas aplicacións.
Retos de aprendizaxes dixitais no entorno rural desfavorecido.
Comunicación dixital e cidadanÃa activa: estratexias para a era dixital.
