A veciñanza de Noia poderá mellorar a súa empregabilidade con formación gratuÃta en competencias dixitais
venres, 7 de marzo do 2025
O Edificio Administrativo do Antigo Matadoiro do Concello de Noia vai dar acollida este mes de marzo a un curso formativo en competencias dixitais ao servizo de veciñanza, destinado a incrementar a empregabilidade da poboación e a reducir a fenda dixital que separa a poboación máis afeita a empregar dispositivos e programas informáticas da que non o está. A formación, que é gratuÃta, está destinada a persoas dadas de alta en EmpregoGalicia. Haberá tres niveis dispoñÃbeis: básico, intermedio e avanzado. Unha vez superada a formación as persoas participantes recibirán unha computador portátil de agasallo.
Haberá unha reunión informativa o 10 de marzo ás 12.00 horas no Edificio Administrativo do Antigo Matadoiro (rúa EspÃrito Santo, 4). A vertente de nivel básico comezará o 20 de marzo e remata o 3 de xuño, en horario de 09.00 a 14.00 horas. O Concello de Noia colabora nesta iniciativa xunto a outras entidades para achegar formación dixital á cidadanÃa. Máis información na web de Dixigalizate.
Imparten Ara Formación e BeProject Consultores, coa colaboración do Concello de Noia.