A veciñanza de Rianxo poderá mellorar a súa empregabilidade con competencias dixitais
venres, 2 de maio do 2025
A Aula Activa do Mar de Rianxo vai dar acollida esta tempada de primavera-verán a un curso formativo en competencias dixitais ao servizo de veciñanza, destinado a incrementar a empregabilidade da veciñanza e a reducir a fenda dixital que separa a poboación máis afeita a empregar dispositivos e programas informáticas da que non o está.
A formación, que é gratuÃta, está destinada a persoas dadas de alta en EmpregoGalicia. Hai tres niveis dispoñÃbeis: básico, intermedio e avanzado. Unha vez superada a formación as persoas participantes recibirán unha computador portátil de agasallo.
A vertente de nivel básico comezará o 5 de maio e remata o 12 de xullo, en horario de 09.00 a 14.00 horas. O Concello de Rianxo colabora nesta iniciativa xunto a outras entidades para achegar formación dixital á cidadanÃa. Temos máis información na web de Dixigalizate e no teléfono 604 039 575.
Imparten Ara Formación e BeProject Consultores, coa colaboración do Concello de Rianxo.