A veciñanza de Rianxo poderá mellorar a súa empregabilidade con formación tecnolóxica
venres, 29 de agosto do 2025
O Concello de Rianxo vai comezar o curso cunha nova actividade formativa de balde dirixida a persoas inscritas como demandantes de emprego en Emprego Galicia. Será un programa centrado en fortalecer a empregabilidade das persoas asistentes con competencias dixitais.
A formación, organizada por ARA Formación, o Concello de Rianxo e BeProject Consultores, centrarase no nivel intermedio das competencias TIC e permitirá adquirir coñecementos clave en busca e xestión da información dixital, en creación de contidos, na comunicación en liña, na resolución de problemas e na seguridade na Rede.
Cada persoa participante obterá un tÃtulo oficial acreditativo e unha vez superada a formación, recibirá ademais un computador portátil de agasallo.
O curso desenvolverase do 22 de setembro ao 28 de novembro en horario de mañá.
O vindeiro 8 de setembro terá lugar unha xuntanza informativa no Auditorio de Rianxo para resolver dúbidas e cuestións relativas a este programa.
