A veciñanza de Valga mergullouse nas tecnoloxÃas máis innovadoras na Aula CeMIT
mércores, 19 de xullo do 2023
O
equipamento
de última tecnoloxÃa incorporado recentemente pola Aula CeMIT de
Valga protagonizou o obradoiro desenvolvido na mesma o pasado 13 de
xullo, ao que asistiron unha decena de veciñas e veciños do
concello pontevedrés.
O
taller, o primeiro destas caracterÃsticas de cantos están previsto
desenvolverse nas Aulas CeMIT, puxo o foco en tecnoloxÃas
disruptivas como a Impresión 3D, a programación electrónica, a
robótica, os drons ou os equipos de Realidade Virtual. Todas estas
tecnoloxÃas e outras máis están plenamente representadas na aula
de Valga grazas á recente incorporación de material aplicada na
Rede CeMIT pola axencia AMTEGA.
O
obradoiro de Valga, coma os restantes previstos, foi posÃbel grazas
ao convenio asinado entre a dita axencia e o Colexio Profesional de
EnxeñerÃa en Informática (CPEIG). Foi unha sesión demostrativa e
experimental na que os alumnos exploraron algunhas das aplicacións e
usos que poden tes ditas tecnoloxÃas.
Durante
catro horas aprenderon a empregar os diferentes dispositivos cos que
conta aAaula CeMIT. Comezaron coa Impresión 3D, deseñando cada un
no seu computador un bloque de LEGO e comprobando despois in situ
como a impresora Ãa dando forma á figura. Comprobaron, ademais, os
usos que esta tecnoloxÃa pode ter na vida diaria (por exemplo,
traballadores municipais xa crean as súas propias pezas que lles
facilitan as súas tarefas, coma por exemplo chaves de contadores).
A
sesión matinal continuou con demostracións de programación
electrónica, a realización dun xogo con drons e un achegamento á
Realidade Virtual co uso de gafas coas que os alumnos puideron
visualizar en tres dimensións un entorno xerado por ordenador.
Ademais
da mestra, Cristina Fernández, a sesión contou coa participación
da técnica municipal responsábel da aula, Vanessa Losada, e unha
formadora do equipo CeMIT, Sara GarcÃa, que explicou que este tipo
de actividades tratan de achegar á poboación as últimas
tecnoloxÃas e equipamentos cos que foron dotadas as aulas da Rede
CeMIT, entre elas a de Valga.