A veciñanza de Viveiro poderá formarse en competencias dixitais da man de Cibervoluntarios
xoves, 22 de xaneiro do 2026
O Concello de Viveiro, a través da plataforma Yoconecto.org e a Fundación Cibervoluntarios, ofrece novos cursos presenciais e gratuÃtos na Aula CeMIT local para axudar á cidadanÃa a sacarlle o máximo partido ás tecnoloxÃas, tanto dende o punto de vista persoal como, por suposto, dende o laboral e profesional. Todos os cursos inclúen certificación oficial.
A oferta formativa para febreiro inclúe as seguintes actividades formativas: O teu currÃculo dixital (aprenderemos a crear portafolios e mellorar a nosa presenza online para buscar emprego), que se desenvolve dende o luns 16 e o luns 23 de febreiro en horario de 9.00 a 14.00 horas; Seguridade: protexe o teu mundo dixital (aprenderemos a identificar ameazas e navegar por Internet de forma segura e responsable), os dÃas 17, 19, 24 e 26 de febreiro en horario de 10.00 a 13.00h; e Apps útiles para xestionar trámites en Internet (co que sacaremos partido o noso móbil para acceder a sedes electrónicas e realizar trámites oficiais), os dÃas 18, 20, 25 e 27 de febreiro en horario de 10.00 a 13.00 horas.
Todas as actividades levaranse a cabo na Aula CeMIT (avda. Cervantes, s/n - Viveiro).
As inscricións cómpre facelas na web de Fundación Cibervoluntarios ou escaneando o código QR dos carteis.
