A versión de PS3 do Super Street Fighter II Turbo HD Remix poderÃa demorarse en Europa ata finais de febreiro
mércores, 28 de xaneiro do 2009
A finais de novembro
chegou ao Bazaz de Xbox LIVE o xogo Super
Street Fighter II Turbo HD Remix, que en apenas 3 semanas superou
as 250.000 copias, o que tendo en conta o seu prezo (14,40 euros) dá
a entender que é moi rendible o desenvolvemento deste tipo de xogos
descargables. Non esquezamos que o xogo vén a ser unha adaptación do clásico de
recreativas Super Street Fighter II Turbo
ao que actualizaron os gráficos para que se poida xogar satisfactoriamente
nunha pantalla de alta definición, polo que o seu desenvolvemento é máis unha
conversión que unha nova creación.
Pero a boa acollida deste xogo , que ten todas as bazas para converterse no
xogo en descarga máis vendido da historia, ten certas sombras en Europa, a onde
non chegou aÃnda para PlayStation 3 pese a que si está dispoñible nos EE.UU. e
no Xapón.
O tÃtulo de Capcom para a PS3 estarÃa a ser bloqueado pola división europea de
Sony, que atopou problemas e fallos no xogo, e Leo Tan, representante de Capcom
Reino Unido, asegurou que en
menos de 3 semanas remitirán unha nova copia do Street Fighter II Turbo HD Remix para que sexa aprobada para a súa
incorporación á PlayStation Network europea.
Tan asegura que dende Capcom entenden que «a
demanda deste xogo é elevada» e asegura que están
a traballar para «solucionar a situación
o antes posible».