A versión móbil do Tetris supera os 100 millóns de copias vendidas

venres, 22 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

O Tetris de Alekséi Pázhitnov supera os 25 anos de vida con moita saúde, e esta semana dende EA Mobile e Blue Planet Software anuncian que pese á súa lonxevidade, continúa a ter unhas fortes vendas, de xeito que estes días superaría os 100 millóns de copias de pago descargadas para dispositivos móbiles, que van dende o popular iPhone ata terminais máis básicos coma móbiles con Java.
Adam Sussman, o vicepresidente de publicación global da división móbil de Electronic Arts, asegurou que o xogo está dispoñible en 60 países para máis de 64.000 modelos de terminal, dos que o 20% serían teléfonos avanzados.

O Tetris para máquinas recreativas foi un clásico presente en boa parte dos salóns recreativos e cafeterías de toda España

PUBLICIDADE