A vindeira semana probarán o sistema de actualizacións de Windows 7 Beta

venres, 20 de febreiro do 2009

Os usuarios que leven unhas semanas a probar o Windows 7 Beta deberán saber que a vindeira semana Microsoft vai remitir parches para probar o mecanismo de actualización do seu futuro sistema operativo, que non servirán para arranxar realmente ningún fallo detectado. Para poder gozar de cambios reais da versión de proba de Windows 7 sería preciso facerse cunha versión máis moderna na mesma (como as que circulan polas redes P2P).

PUBLICIDADE