A web da Deputación de Ourense incorpora o botón Escoitar e faise máis accesible
venres, 19 de xuño do 2026
Reforzar a accesibilidade dos seus contidos e facer máis doado o acceso á información institucional é o obxectivo perseguido pola Deputación de Ourense coa incorporación á súa páxina web dunha nova funcionalidade. Estamos a falar do botón “Escoitar”, unha ferramenta que permite a lectura en voz alta dos textos publicados no portal provincial. Esta nova prestación supón un avance especialmente relevante para as persoas con discapacidade visual ou con dificultades de lectura, ao permitirlles acceder aos contidos da web de maneira máis cómoda, autónoma e inclusiva.
Coa achega desta ferramenta, a institución provincial continúa avanzando na súa aposta por unha administración máis accesible, próxima á cidadanía e comprometida coa igualdade de oportunidades no acceso á información pública.
A Deputación de Ourense reafirma así o seu compromiso coa transformación dixital e coa eliminación de barreiras que poidan dificultar a relación da cidadanía coa administración, impulsando solucións tecnolóxicas que contribúan a construír unha institución máis transparente, moderna e inclusiva.
Esta nova funcionalidade xa está dispoñible para todos as persoas usuarias da web provincial, permitindo escoitar os contidos publicados dun xeito sinxelo e intuitivo.
