A web do Museo Catedral de Santiago achegará ás aulas recursos para coñecer a historia do monumento
venres, 20 de outubro do 2023
A
Fundación Catedral de Santiago presentou
un programa educativo dirixido ao alumnado galego, de todas as
idades, que ten como obxectivo principal dar a coñecer e afondar na
historia da catedral compostelá e nas súas coleccións artísticas,
e que inclúe diferentes visitas didácticas de carácter temático.
Un
dos recursos claves do programa será a
web do Museo Catedral, que acubillará boa parte dos recursos do
programa.
O
programa constará de visitas adaptadas a diferentes idades, nas que
o alumnado percorrerá os espazos cos que conta o Museo Catedral coma
o edificio claustral, o Pazo de Xelmírez ou o Pórtico da Gloria,
entre outros. Todas elas integrarán diferentes dinámicas educativas
e abranguerán a diversidade do alumnado.
“A
temática das visitas será diversa”, explicou
a fundación na presentación, engadindo que haberá marxe
“para as emocións, da man das cores e da música no Pórtico da
Gloria; e tamén
para o xogo, da man da iconografía na colección artística do museo
e de personaxes como Dona Urraca e Diego Xelmírez”. Tamén haberá
espazo para o alumnado da ESO e Bacharelato, levándoos a aqueles
lugares que atopan nos libros de historia e reflexionando arredor da
presenza das mulleres nos museos e na arte.
O
programa, realizado a través da convocatoria de axudas destinadas a
centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, foi levado a
cabo polas historiadoras da arte Marina Pérez Toro e Lucía Hidalgo
Portomeñe, baixo a coordinación dos responsables do Museo Catedral
de Santiago, e prevé comezar a finais de 2023.
Esta
proposta sumarase aos programas de visitas xa desenvolvidos polo
Museo Catedral e será completamente gratuíta para os centros
escolares previa reserva. O profesorado contará cun repositorio en
liña,
ao que poderán acceder a
través da páxina web do Museo Catedral, no que atoparán
materiais dispoñíbeis
para descarga cos que os centros poderán traballar previa e
posteriormente nas aulas, así como documentos informativos para a
formación do profesorado e o
enderezo electrónico de
contacto.