A webserie A moza que abortou o e contou, premiada no CIP, participa no Serializados Fest
venres, 18 de outubro do 2024
A webserie A moza que abortou e o contou foi escollida para participar na 11ª edición do Festival Internacional de Series de Barcelona, o Serializados Fest. RosalÃa Quiroga, co-directora da serie, estará o vindeiro 19 de outubro no dito certame presentando a serie na gala Showcase Short Form, sesión onde se proxectarán os catro proxectos participantes, entre os que figura a webserie galega. Esta iniciativa do festival, aposta por dar visibilidade e proxección ao talento emerxente na creación de novos contidos.
A moza que abortou e o contou é unha webserie creada por Eire Cid e RosalÃa Quiroga, que conta a historia de Cora, unha moza de 20 anos que aborta, e decide contarllo a súa familia durante unha cea de Nadal. O seu relato desata debates, novas revelacións e violencia, pero a súa irmá pequena grava todo co teléfono. O resultado é un falso documental cunha narrativa postmoderna gravado en vertical. Esta produción irrompe no panorama audiovisual galego sendo a webserie gañadora do premio ao Mellor Proxecto de Serie Web no Carballo Interplay 2023, estreándose un ano despois nese mesmo festival.
A serie recibiu o seu primeiro galardón no festival John Balan Fest, en MarÃn. O festival celebraba en agosto a súa segunda edición, reunindo a diferentes personalidades do sector, nacionais e internacionais.
A produción formaba parte da selección oficial do festival, estando nomeada na categorÃa de Novos Medios, levándose o premio á mellor webserie, onde tamén estaban nomeadas as series galegas Pulp Air, Poscoito e Rent-A-Pal. As súas creadoras, Eire Cid e RosalÃa Quiroga, tamén estaban nomeadas na categorÃa de Talento Emerxente.