A webserie Premios Darwin estréase este xoves en Carballo
mércores, 4 de setembro do 2019
A
webserie
galega Premios Darwin,
rodada na súa totalidade no concello de Carballo, vai ser presentada
esta semana na vila bergantiñá: unha cita prevista para este
xoves 5 de setembro, ás 20.30 horas no Pazo da Cultura. A serie,
dirixida por Carmen Conde, foi finalista no Festival de Contidos
Dixitais Carballo Interplay de 2018.
Trátase
dunha homenaxe audiovisual aos galardóns que levan o nome do célebre
naturalista británico, Charles Darwin, que salientou nos seus
traballos as relevantes capacidades dos individuos e das especies que
lograron prosperar ao longo dos séculos (a chamada selección
natural) e, á inversa, tamén destacou a peculiar habilidade doutros
individuos e doutras especies que teimaron en sacarse do medio e
finalmente o conseguiron.
Os
Premios Darwin, que existen de facto dende hai anos (dende 1998)
condecorando a xente de todo o mundo, son un xeito de render tributo
a esta teimosÃa auto-destrutiva. A fita de Carmen Conde colle a
testemuña destes galardóns e céntrase, con moita retranca e humor
negro, nos casos galegos de persoas que se emperrecharon
(inconscientemente ou non) en desaparecer.
A
serie galega, patrocinada polo Concello de Carballo e producida por
Tarabela Creativa, preséntanos pois algunhas das mortes máis
absurdas ocorridas en Galicia. Composta por tres capÃtulos, Premios
Darwin ten elevadas doses de humor negro e conta coa
participación de intérpretes ben coñecidos no audiovisual galego
como VÃctor Mosqueira, Evaristo Calvo, Avelino González, MarÃa
Vázquez, César Cambeiro ou Ana Santos.
Na
estrea presentaranse en primicia os seus tres episodios,
acompañándose dunha actuación ao vivo da banda sonora da ficción
a cargo de Nastasia Zürcher, que estará acompañada no auditorio do
Pazo da Cultura por Adrián Saavedra.
