A xira Enredando Tour de Cruz Vermella e AMTEGA recalan o 31 de agosto en Mos
venres, 25 de agosto do 2023
- O bus de Enredando Tour na súa parada en Arzúa
A
Cruz
Vermella e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
(AMTEGA) únense en Mos para integrar a persoas maiores na contorna
dixital. Farano a través da xira Enredando Tour, que chegará á
localidade pontevedresa o vindeiro xoves 31 de agosto con obradoiros
lúdicos de capacitación para romper a fenda dixital. O propósito,
en palabras do Concello, é “enredar” a persoas maiores no
universo das novas tecnoloxías dunha maneira lúdica, ofrecéndolles
a degustación dun “menú tecnolóxico” á súa medida.
A
xira, que está a percorrer un total de 20 localidades galegas este
verán, busca “reducir a fenda dixital entre a poboación e loitar
contra os procesos de exclusión social por motivos económicos, de
xénero, de idade, nivel educativo ou zona de residencia, entre
outros”. A iniciativa recalará en Mos o vindeiro xoves 31 de
agosto en horario de 10.30 a 12.30 horas.
Esta
actividade está organizada por Cruz Vermella no marco do convenio de
colaboración coa AMTEGA para a execución do programa formativo
itinerante en competencias dixitais. Nesta ocasión, está
especialmente dirixida a persoas maiores de 55 anos (aínda que
aberta a calquera persoa que queira participar), ás que se apoia
para que aprendan conceptos básicos do uso das tecnoloxías, así
como para derrubar os temores e inseguridades que poidan ter respecto
diso. Talleres de capacitación dixital e menús formativos.
Mediante
unha furgoneta superequipada ofrécense contidos formativos
vinculados ás novas tecnoloxías. Nela transpórtanse os
smartphones, portátiles, tabletas, altofalantes intelixentes…
e todo tipo de accesorios para facilitar ese achegamento á realidade
da tecnoloxía máis doméstica e presente en multitude de áreas da
nosa vida cotiá. En cada unha das localidades onde recale o circuíto
organízanse varios obradoiros relacionados cos menús existentes.
Cada persoa participante pode “pedir” formarse nun ou varios
contidos de cada menú.