A xira de emprendemento e tecnoloxías da Fundación La Caixa fai unha parada en Noia

luns, 14 de agosto do 2023 S. P.

Esta semana, días 17 e 18 de agosto (xoves e venres) o autobús de LabEmprende fará unha parada na vila de Noia (na Alameda, en horario de mañá e tarde). Trátase dun espazo innovador ao servizo da educación e a formación da mocidade no ámbito do emprendemento, impulsado a través das máis avanzadas tecnoloxías transformadoras. A través desta xira, as persoas participantes poderán gozar dun laboratorio de actividades cun obradoiro interactivo e multimedia onde aprenderán o concepto de emprendemento e as características e valores dunha actitude emprendedora.
A xira LabEmprende, unha iniciativa de Fundación LaCaixa, achega información a través do número de teléfono 900 101 493 e a conta info@labemprende.com.
LabEmprende é un espazo innovador ao servizo da educación e a formación da xente nova no eido do emprendemento que viaxa por todo o territorio galego e estatal, após a experiencia e o éxito do espazo en CaixaForum Barcelona.
As persoas participantes poderán gozar dun laboratorio de actividades cun obradoiro interactivo e multimedia onde aprenderán o concepto de emprendemento e as características e valores dunha actitude emprendedora. O laboratorio é un autobús que se converte nunha unidade móbil totalmente adaptada para facilitar o acceso e a participación das persoas con mobilidade reducida ao longo da actividade.
A iniciativa está dirixida a grupos de estudantes de secundaria, de entre 14 e 18 anos principalmente, aínda que poden participar tamén grupos procedentes de escolas especializadas en ciclos formativos para maiores de 18 años e de escolas de adultos, así como grupos familiares.
O persoal de dinamización adaptará os recursos do espazo para que o percorrido poida realizarse de xeito autónomo en caso de visitas libres de familias e xente nova.

PUBLICIDADE