ABBA estreará o seu propio SingStar en decembro

mércores, 10 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Nun momento no que Mamma Mia! arrasa coma película nos cines e coma musical nos teatros non debería sorprendernos o último anuncio de Sony, que para o Nadal achegará o xogo SingStar ABBA para as consolas PlayStation 2 e PlayStation 3 (sen precisar as diferenzas dos xogo nas distintas plataformas).
Os seguidores dos grupo sueco poderán así rememorar temas coma Mamma Mia, Gimme Gimme Gimme, Waterloo e Dancing Queen diante da suá consola de videoxogos mentres emula as voces do cuarteto máis famoso que pasou polo Festival de Eurovisión.

JPEG - 26.5 KB
SingStar ABBA permitiranos interpretar temas coma Dancing Queen

Para o lanzamento deste xogo ABBA e Universal Music Group chegaron a un acordo con Sony para que os temas do popular grupo conten cunha fiestra de exclusividade para as consolas PlayStation ata decembro de 2009, ou sexa, que durante todo un ano os xogos musicais doutras plataformas non poderán contar cos temas desta banda que xa vendeu ao redor de 370 millóns de álbums en todo o mundo.

PUBLICIDADE