AD Case, o airbag do iPhone
luns, 2 de xullo do 2018
- Philip Frenzel, de 25 anos, é o creador de AD Case
Este mes chegará a Kickstarter na procura de financiamento
un proxecto que está a captar moita atención dos medios nos últimos dÃas: unha
funda para o iPhone que funcionarÃa dun xeito semellante ao airbag dun automóbil, ou sexa, que activarÃa
medidas de protección en anticipación a un impacto.
A AD Case é un invento do estudante de
enxeñarÃa alemán Philip Frenzel, que vén
de recibir un premio da Sociedade Alemá de Mecatrónica por este traballo
que consiste basicamente nunha funda para o smartphone (nun principio
limitarase aos móbiles de Apple a partires do iPhone 6) que desprega 8 patas das
súas esquinas ao detectar unha caÃda, para impedir que a pantalla do dispositivo
impacte contra o chan.
Temos asà unha combinación entre patas retráctiles e tecnoloxÃa de detección de
caÃdas, que precisa de enerxÃa para funciona, de xeito que decidiron integrar
nesta curiosa funda unha baterÃa que pode cargarse sen fÃos, de xeito que temos
unha solución que tanto protexe o móbil como serve para ampliar a súa autonomÃa
ou recargar a súa baterÃa cun cargador por indución.
- AD Case é unha orixinal idea para protexer o iPhone ante caÃdas
VÃdeo no que se amosa o funcionamento da AD Case