ADICAE Galicia informa da celebración dunhas xornadas en liña sobre fraude na Rede
xoves, 16 de decembro do 2010
A Internet non é fonte de fraudes de por si,
igual que saÃrmos á rúa non significa que teñamos que ser obxecto dun roubo.
Con todo, a ninguén se lle ocorre na vida real dar os números de conta bancaria
a calquera que formal e educadamente llos pide. Pois ben, dar unhas cantas
claves sobre como actuar na Internet cos nosos datos persoais é un dos grandes
obxectivos das xornadas
que organiza ADICAE (asociación de consumidores de ámbito estatal
especializada en temas financeiros) estes dÃas 17 e 18 de decembro sobre
consumo en Internet. As sesións divulgativas, celebradas en colaboración co
Instituto Nacional de Consumo, veñen máis a conto ca nunca: por estas datas
previas ao Nadal sempre se dispara a actividade comercial e bancaria na
Internet, aquela que de non poñer ren da nosa parte pódenos deixar cunha man
diante e cunha detrás.
As xornadas, que se van retransmitir por
Internet e videoconferencia, desenvólvense baixo o seguinte epÃgrafe: O novo consumidor na contratación de
produtos e servizos financeiros por Internet. Entre outras dúbidas, tratarase de resolver as
seguintes cuestións: É seguro mercar e contratar por Internet?Abóndanos coa información
que nos dan antes de contratar por Internet? Coñecemos de verdade os nosos dereitos
como consumidores internautas?
Tódalas persoas interesadas nisto poderán seguir estas sesións, en
directo, dende os seus ordenadores ou tamén dende calquera das sedes territoriais
(incluÃda a galega), previa inscrición de balde. Segundo informa ADICAE Galicia, que ten sede no número 2,
oficinas, da Praza de Vigo de Santiago, os encontros acollerán diversos
relatorios de expertos na materia, debates e unha gymkana dos servizos financeiros en liña para os asistentes, que
recibirán logo un agasallo co material de ADICAE publicado sobre o mesmo.
