AEPA e o Club do Emprendemento impulsan o talento dixital cun DemoDay
venres, 27 de xuño do 2025
AEPA Ourense e o Club do Emprendemento celebraron onte o DemoDay da incubadora que ambas entidades puxeron en marcha con financiamento europeo canalizado a través do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE). A iniciativa ten como obxectivo fomentar o emprendemento tecnolóxico e innovador, con especial atención á ciberseguridade e á transformación dixital.
Tras un proceso intensivo de acompañamento, presentáronse os 20 proxectos finalistas ante o público e o xurado, que recoñeceu tres propostas polo seu carácter innovador, viabilidade e potencial de crecemento:
– Primeiro premio: Will Life Service, de Kun Li
– Segundo premio: Accesibless, de Laura MartÃn
– Terceiro premio: Pensan, de Diego Penela e Alejandro Penela
O evento contou coa participación de figuras destacadas do ecosistema emprendedor galego, como Marta Vázquez Guzmán, directora territorial en Ourense da ConsellerÃa de Emprego, Comercio e Emigración; Jaime Pereira, secretario da CEO; Javier Taibo, director da Tecnópole; Efrén Miranda, presidente e fundador do Club do Emprendemento; e José Miguel Pérez Blecua, deputado provincial de Novas TecnoloxÃas, Reto Demográfico e Dinamización Rural.
Desde AEPA salientan a importancia de establecer alianzas estratéxicas que contribúan a fortalecer o tecido empresarial local e a consolidar Ourense como un referente no ámbito do emprendemento innovador e dixital.
