AFP denuncia a Twitter/X

xoves, 3 de agosto do 2023 Marcus Fernández

Semella que a compensación das plataformas dixitais aos medios de comunicación está de plena actualidade, e tras o conflito de Google e Meta en Canadá, temos agora á Agence France-Presse (AFP) presentando unha denuncia contra Twitter/X por negarse claramente a negociar un acordo para concretar unha compensación económica polo uso das súas novas na plataforma social de Elon Musk en virtude da lexislación francesa.
AFP presentou a súa denuncia no Tribunal de París, asegurando a axencia de información que a lexislación da que pide o seu cumprimento por parte de Twitter/X leva en vigor dende hai catro anos. En contraste, Elon Musk comenta que as esixencias de AFP son absurdas, xa que piden unha compensación por dirixirlle tráfico á súa páxina web con publicidade. Parece crer que a súa opinión está por enriba da lexislación francesa.

PUBLICIDADE