AGACA organiza o 24 unha xornada sobre como transformar dixitalmente as cooperativas gandeiras

venres, 6 de febreiro do 2026 S. P.

AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) organiza ou vindeiro 24 de febreiro de 2026 a xornada Dixitalización nas cooperativas gandeiras no marco da Rede Eusumo.
Será unha sesión online orientada a “dar a coñecer as tecnoloxías relevantes para o sector gandeiro e os beneficios que poden achegar”. Na xornada exporanse casos reais de éxito na adopción de medidas de transformación tecnolóxica e algunhas das ferramentas comerciais que existen.
A inscrición é gratuíta e para asistir é necesario inscribirse en liña.
Ao longo da mañá, abordaranse as tecnoloxías máis relevantes, como a automatización, a sensórica IoT (Internet das Cousas), a intelixencia artificial ou os sistemas de comunicación, e presentaranse casos reais de implantación, así como un obradoiro práctico sobre solucións comerciais dispoñibles no mercado.
9:30 – 9:45 h Presentación da xornada
Carlos Ares, adxunto á presidencia de AGACA
9:45 – 10:05 h Introdución á dixitalización e ás tecnoloxías avanzadas no sector gandeiro: de que falamos, por que e para que.
Carlos Castro, DIH DATAlife
10:05 – 11:35 h Inmersión nas tecnoloxías avanzadas clave no sector gandeiro: automatización e robótica, sensores e Internet das Cousas, redes de comunicación, intelixencia artificial e Big Data, drons e sistemas de observación satelital, sistemas de información xeográfica, ciberseguridade e cadea de bloques (blockchain), realidade estendida e integración e aproveitamento da información.
Carlos Castro, DIH DATAlife
11:35 – 11:50 h Pausa
11:50 – 12:20 h Estado de situación e tendencias na implementación de tecnoloxías avanzadas clave.
Carlos Castro, DIH DATAlife
12:20 – 13:50 h Casos de éxito de implantacións de tecnoloxías disruptivas e obradoiro práctico en tecnoloxías comerciais: Beniu, SC Robotics, InnoGando, Cuaderno de Campo C3, Triple Alpha, Boalvet.
Carlos Castro, DIH DATAlife
13:50 – 14:10 h Servizos de apoio EDIH DATAlife
Carlos Castro, DIH DATAlife
14:10 – 14:30 h Dúbidas, preguntas e respostas
Carlos Castro, DIH DATAlife
14:30 h Fin da xornada
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2026 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e da economía social, co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.