AJE Ferrolterra ten data para a súa VIII Edición dos Premios Novo Empresario/a Ferrol

luns, 23 de outubro do 2023 S. P.

A Asociación de Novos Empresarios de Ferrolterra celebrará este ano a que será a súa oitava edición da gala Nova Empresario/a, que busca recoñecer o papel dos empresarios como motor económico das tres comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Este ano o evento celebrarase o venres 10 de novembro no Muíño Reformado de Xuvia grazas á colaboración do Concello de Narón.
As persoas que queiran optar ao premio poden participar en dúas categorías: á de Novo empresario/a, e á de Iniciativa Emprendedora, esta última destinada a empresas de recente creación. Para optar a estes galardóns hai que cumprir unha serie de requisitos, como ser un empresario/a ou directivo/a que non supere os 41 anos de idade.
Toda a información sobre o Premio, así como o formulario e a documentación que hai que presentar, atópase na páxina web da asociación. As candidaturas serán aceptadas ata o día 06 de novembro ás 23.59 no seu correo electrónico info@ajeferrolterra.org e os premiados serán elixidos posteriormente por un xurado especializado e seguindo os criterios de valoración publicados nas bases do concurso.

PUBLICIDADE