AJE e AJE Ferrolterra mostran en catro sesións os pasos a seguir para transformar a nosa empresa
martes, 10 de novembro do 2020
A
Asociación
de Empresarios Novos de Galicia (AJE), coa colaboración de AJE
Ferrolterra e a Xunta de Galicia, están a levar a cabo unhas
xornadas de balde para persoas autónomas sobre tecnoloxÃa e empresa
que se compoñen de catro sesións formativas impartidas de maneira
online.
Este
xoves 12 de novembro de 16.00 a 20.00 horas celebrarase a segunda
sesión, que tratará sobre transformación dixital e sobre como
afrontar este proceso nunha empresa. Con esta cita perséguese
mostrar como detectar necesidades no proceso de evolución ao dixital
e coñecer utilidades e programas que permitan mellorar o rendemento
dun negocio na nova contorna tecnolóxica.
As
xornadas completaranse con dúas sesións máis os dÃas 19 e 26 de
novembro no mesmo horario onde se poderá coñecer como facer bos
contidos para mellorar a visualización dunha marca na web (e acadar
a primeira páxina do buscador Google) e as claves do teletraballo e
o almacenamento de información na nube. Na última sesión
avaliarase como por mor da COVID cambiou a forma na que usamos as
redes sociais para traballar e recomendacións sobre o uso
profesional das mesmas. As inscricións poden realizarse a través do
teléfono 981 333 322 ou do correo electrónico aje@cofernet.com.
