AMD integra 1 TB de SSD nunha tarxeta gráfica para disparar o seu rendemento
martes, 26 de xullo do 2016
AMD aproveitou a celebración do SIGGRAPH para facer unha
demostración de forza e presentar unha nova solución Radeon Pro que estará
dispoñible inicialmente como kit de desenvolvemento, e que consistirá nunha
gráfica que integra 1 TB de Radeon
Solid State Graphics (SSG), unha solución que conseguirÃa unhas capacidades
de memoria gráfica moi superior á das tradicionais GPU, conservando un bo
rendemento, o que serÃa ideal para escenarios de post-produción en tempo real
de vÃdeo 8K, renderizado de alta resolución, creación de contidos de realidade
virtual, enxeñarÃa, imaxes médicas e moitos usos cientÃficos.
Estamos ante a transformación da arquitectura das estacións de traballo para
conseguir rachar barreiras na computación gráfica en tempo real, que nas
demostracións destas gráficas Radeon Pro SSG conseguiron
pasar o procesado dun vÃdeo 8K sen comprimir de 17 a máis de 90 imaxes por
segundo, o que facilitarÃa a adopción desta nova resolución grazas a esta tecnoloxÃa capaz de multiplicar por
5 o rendemento dos procesos de edición.
A nova arquitectura adoptada por AMD en vez de facer que a GPU envÃe peticións
á CPU, que deberá coller os contidos da súa memoria ou incluso dun disco duro,
pero ao contar cunha memoria de estado sólido de 1 TB actuando a xeito de frame buffer conséguese ter a
información moito máis a man, de xeito que só haberá que involucrar á CPU para
procesar datos que non estean nesta unidade.
Estas novas gráficas, aÃnda como kits de
desenvolvemento, distribuiranse de xeito limitado a un prezo de 9.999
dólares, confiando en que en 2017 poidan chegar ao mercado como un produto
comercial.