AMD presenta «as gráficas de consumo máis avanzadas do mundo»
luns, 31 de xullo do 2017
Tras uns anos nos que nVIDIA conseguiu dominar rotundamente
o mercado das tarxetas gráficas para gaming,
dende AMD chegan pegando forte e ofrecen novas tarxetas de grande potencia e
prezos bastante atractivos para os xogadores máis esixentes.
A nova familia de gráficas, as
Radeon RX Vega, presumen de ser as máis avanzadas do mundo para o xogo en
PC, ofrecéndose en tres variantes distintas (tanto con refrixeración líquida
como por aire) que partirán dun prezo de 399 dólares, aínda que cómpre destacar
que nalgúns mercados estas gráficas comercializaranse en equipos con
procesadores AMD Ryzen, de xeito que será posible gozar dun prezo aínda máis
axustado, conseguindo axustar ao máximo o prezo dun equipo capaz de correr os
xogos de ordenador máis impresionantes do mellor xeito posible.
As Radeon RX Vega preséntanse como as tarxetas gráficas de consumo máis
avanzadas do mercado, dobrando en rendemento á anterior arquitectura gráfica de
AMD e mellorando o largo de banda da memoria até un 60% fronte a GDDR5,
combinación que como resultado podería chegar aos 13,7 TFLOPS, de xeito que é
máis que suficiente para os videoxogos máis esixentes e a solucións de realidade
virtual.
Estas novas gráficas tamén están adaptadas ás últimas tecnoloxías de monitores,
de xeito que tanto son compatibles con diferentes tecnoloxías de FreeSync como
soportan HDR. As gráficas Radeon RX Vega poden soportan HDMI 4K60 e DisplayPort
1.45, de xeito que poden manexar os monitores máis avanzados e incluso poden
enviar resolucións de 5K a través dun único cable.
En lote a
Radeon RX Vega 56 venderase a 499 dólares, mentres que a Radio RX Vega 65 con
ventilación por aire terá un prezo de 599 dólares, podendo adquirirse tamén con
refrixeración líquida por 699 dólares. Nos tres casos será posible conseguir
200 dólares de desconto nun monitor curvo Samsung CF791 de 34 polgadas e 100
dólares de desconto nun procesador Ryzen 7 1800X con placa base 370X, ou sexa,
que a compra dunha das novas gráficas poden acompañarse cun aforro total de 300
dólares, facendo moi atractiva a compra dun lote completo. Nalgúns mercados
tamén se inclúe coas gráficas os xogos Wolfenstein
II: The New Colossus e Prey (cun
prezo conxunto duns 120 dólares).
De comprar as gráficas fóra de pack,
o seu prezo sería de menos de 400 dólares no caso da Radeon RX Vega 56 e de 499
dólares no aso da Radeon RX Vega 64 (con refrixeración por aire en ambos
casos).
Vídeo de presentación das gráficas Radeon RX Vega de AMD