AMIT-Gal e AMTEGA celebran en setembro unha xornada para captar novas científicas e tecnólogas

luns, 2 de setembro do 2024 S. P.

Co inicio do novo curso, o vindeiro 27 de setembro AMIT-Gal celebrará unha xornada para esperar vocacións STEM entre a rapazada, poñendo o foco nas nenas e nas mozas: A aventura que me espera: descubrindo a ciencia e a tecnoloxía.
En concreto, esta sesión ten como obxectivo dar a coñecer diferentes roles laborais onde se combinan a ciencia e a tecnoloxía. Participarán dez mulleres que traballan en diversos eido, incluíndo o académico, administrativo e empresarial.
Preténdese tamén mostrar as posibilidades que se presentan despois de obter unha titulación universitaria, destacando que a formación recibida prepara para desafíos que poden non estar directamente relacionados cos contidos estudados.
A actividade desenvólvese a través dun diálogo entre estas mulleres e a rapazada, pais e nais asistentes do evento, permitindo que se expoñan preguntas e se poida conectar cos temas discutidos.
As relatoras participantes serán as que citamos deseguido: Laura Alonso García, Andrea Fernández Sánchez, Eva López Barrio, Ana Jesús López Díaz, Teresa Rivas Brea, Sonia Martínez Arca, Rocío Mosquera Álvarez, María J. Rodríguez Malmierca, Cristina Sánchez Carretero e Soledad Torres Guijarro.

Programa
16:00 - Recepción
16:30 - Presentación da xornada e do programa de mentoring
Presidenta de AMIT-Gal, representante de AMTEGA
17:00-17:40
Ciencia e empresa - Sons submarinos - Medicina personalizada - Aprendizaxe e tecnoloxía - Láser na conservación do patrimonio
17:40-18:10
Saídas da enxeñaría naval - Emprendemento con base científica - Antropoloxía e tecnoloxía - Vocacións STEM
19:30-20:00 - Peche da xornada