AMTEGA habilitará un laboratorio e demostrador en ciberseguridade no futuro edificio do CECIGA en Ourense
mércores, 23 de abril do 2025
A Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), confirmou que vai dotar de equipamento e servizos ao laboratorio e centro demostrador en ciberseguridade do Centro de Excelencia en Ciberseguridade (CECIGA) en Ourense. Os obxectivos principais deste laboratorio son a prestación de servizos avanzados en protección tecnolóxica, apoiar o cumprimento normativo, realizar validacións de ciberseguridade de produtos e servizos, potenciar o desenvolvemento de solucións innovadoras e formar a profesionais en temas de seguridade dixital.
O contrato, que se licitará nos vindeiros dÃas, permitirá que o laboratorio conte con dous espazos especializados. O primeiro estará destinado á implantación dun laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade no ámbito dos produtos con elementos dixitais cunha carteira de servizos especÃfica, e o segundo, albergará un laboratorio e centro demostrador especializado na ciberseguridade industrial coa súa propia carteira de servizos.
Con esta nova infraestrutura a Xunta quere que Galicia dea un novo paso na loita contra a ciberdelincuencia. En 2023 foron máis de 21.000 os ciberataques denunciados na Comunidade.
O laboratorio, que se instalará inicialmente na Cidade da Cultura mentres remata a construción do CECIGA, actuará tamén como coordinador da rede de laboratorios sectoriais e centros demostradores sobre ciberseguridade en aspectos relacionados co transporte intelixente, co espazo aéreo de vehÃculos non tripulados, e coas tecnoloxÃas 5G e 6G, na que participan o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), a Universidade de Vigo (UVIgo), o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG) e o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant).
O ITG vai encargarse do deseño e fabricación dun laboratorio móbil avanzado para auditorÃas de ciberseguridade do espazo aéreo de vehÃculos non tripulados (UAS) e do desenvolvemento de software para a detección de ciberameazas, caracterización e auditorÃa de ciberseguridade do espazo aéreo próximo e para simulación de ameazas.
A Universidade de Vigo creará un laboratorio de seguridade, privacidade e confianza en 5G/6G, con diferentes iniciativas no ámbito da ciberseguridade nas comunicacións necesarias no transporte intelixente.
O CTAG porá en marcha un laboratorio centrado na ciberseguridade no ámbito da automoción, despregando as capacidades necesarias para a súa validación no vehÃculo autónomo e conectado.
O Centro Tecnolóxico Gradiant abordará a creación dun laboratorio especializado en validar os diferentes compoñentes dunha rede 5G e avaliará aspectos de ciberseguridade asociados a aplicacións e servizos no ámbito do transporte intelixente. Abordará tamén a posta en marcha dun laboratorio de ciberseguridade industrial.
Esta rede de laboratorios forma parte do proxecto para a creación dun centro transrexional de innovación e competencia no ámbito da ciberseguridade, no que, ademais de Galicia, participan Cataluña e a Comunidade Valenciana. Trátase dunha das iniciativas do Programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (RETECH). Este proxecto RETECH en materia de ciberseguridade ten un orzamento de 58 millóns de euros, dos que cerca de 19 millóns corresponden a Galicia. Está financiado nun 75% a través do Retech e o 25% restante é aportado polas CC AA.
RETECH é unha iniciativa lanzada pola SecretarÃa de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial en agosto de 2022 a través dunha invitación pública. Os proxectos foron aprobados en decembro de 2022 con financiamento de fondos europeos Next Generation EU do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.