AMTEGA presenta ante as Comunidades e o INCIBE a rede de laboratorios de referencia estatal en ciberseguridade
mércores, 15 de abril do 2026
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) presentou este 15 de abril, ante representantes do resto das Comunidades Autónomas e do Goberno, o obxectivo dos seis laboratorios e centros demostradores en ciberseguridade que se están a crear no marco do proxecto das Redes de Especialización Tecnolóxica (RETECH) no que Galicia participa xunto con Cataluña e a Comunidade Valenciana.
O director da AMTEGA, Damián Rey, participou nunha xornada desenvolvida na sede do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), en León, na que os diferentes nodos RETECH do Estado presentaron os avances dous seus proxectos.
Galicia lidera os aspectos relacionados co transporte no proxecto de creación dun Centro de Innovación e Competencias en Ciencias da Saúde, Transporte Intelixente, Industria Conectada e Excelencia Operativa.
Neste marco, a Xunta está a crear unha infraestrutura transversal de coordinación, composta por un laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade en produtos con elementos dixitais e un laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade industrial, que actuarán para reforzar as capacidades de empresas, administracións públicas e cidadanÃa fronte ás novas ameazas dixitais. Está localizada na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela ata que os laboratorios poidan ser instalados definitivamente no Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia (CECIGA), que se está a construÃr en San Cibrán das Viñas – Ourense.
Ademais destes dous laboratorios, na rede están integrados outros catro centros, en colaboración co Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), a Universidade de Vigo, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), co obxectivo común de fortalecer a investigación, a innovación e a transferencia de solucións en ciberseguridade ao tecido produtivo galego.
Damián Rey explicou tamén que este RETECH permitiu xa o lanzamento de 14 cursos de especialización en ciberseguridade en Formación Profesional e a posta en marcha dunha aula especÃfica para formación en ciberseguridade, dentro dos programas superiores previstos. Falou tamén das campañas de sensibilización desenvolvidas pola Xunta sobre os riscos asociados ao uso das tecnoloxÃas, que chegaron xa a máis de 2 millóns de persoas. Por último, presentou ás iniciativas de apoio á adquisición de competencias en empresas, nas que se impartiron máis de 930 horas de formación coa participación de 350 persoas en 2025. Este ano están en fase de lanzamento oito novos cursos, con máis de 135 prazas.
