AOC converte un dos seus monitores nunha base para o iPhone

venres, 23 de decembro do 2011 Marcus Fernández

En vez de optar por unha alta conectividade ou unha pantalla 3D, AOC decidiu asombrar ao mundo cun novo monitor que o vindeiro mes poderá verse no Consumer Electronics Show (CES) de Las Vegas, o AOC E2343Fi, que incorpora no seu pé unha base de carga para iPhone e iPod Touch, que tamén poderá empregarse para que os vídeos dos dispositivos móbiles de Apple poidan verse na pantalla de 23 polgadas, converténdose nunha atractiva estación multimedia para quen teña un dos populares dispositivos de Apple.
AOC tamén vai levar ao CES de Las Vegas un televisore 3D de 23 polgadas e unha pantalla USB que pode funcionar como monitor ou coma marco dixital.

PUBLICIDADE