ARCHOS presenta o seu PC Stick
venres, 26 de xuño do 2015
Os
ordenadores en formato stick están a
emerxer con forza, e a última compañía en subir ao tren é a francesa ARCHOS,
que presenta o seu ARCHOS
PC Stick, un ordenador de peto que nunhas dimensións de 113 x 37 x 6-14
milímetros e 60 gramos de peso que funcionará con Windows 10 e terá un prezo
bastante axustado (119,99 euros) chegando ao mercado a tempo “para a volta ao
cole”.
Este equipos HDMI pode converter un monitor ou un televisor nun ordenador
completo, para o que integra un procesador Intel Atom Z3735F de catro núcleos a
1,33 GHz, 2 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno ampliable mediante
microSD, Wi-Fi, Bluetooth 4.0, micro USB e USB, de xeito que podemos manexalo comodamente
cun teclado e un rato sen fíos, o que resulta máis que suficiente para tarefas
ofimáticas (inclúe as versións móbiles de Word, Excel e PowerPoint) e incluso é
unha excelente solución para a reprodución multimedia. Temos así unha boa
solución para transformar un monitor ou un televisor nun equipo informático,
así como un xeito bastante práctico para levar un ordenador enriba durante as
viaxes, permitindo incluso levar connosco os nosos datos e aplicacións.
- O equipo ten unhas dimensións moi reducidas
- Entre as vantaxes do ARCHOS PC Stick está o permitirnos levar o noso ordenador (cos seus datos e aplicacións) connosco durante as viaxes