Abanca Innova abre a inscrición para a súa novena edición
luns, 6 de novembro do 2023
Abanca abriu
hoxe o prazo de inscrición para participar na vindeira edición do Programa
para Startups de Abanca Innova (que curiosamente ten unha páxina web en
español e portugués, ignorando a lingua galega), deseñado para apoiar a
empresas emerxentes con ideas disruptivas nos sectores de fintech, insurtech,
regtech ou cibersecurity. As startups interesadas en participar nesta novena
edición poderán inscribirse
vÃa web até o 17 de decembro. Para ser seleccionadas, deben contar cun
produto no mercado, aÃnda que sexa en etapas temperás, e dispoñer dun equipo
formado con capacidade para levalo adiante.
Tras o proceso de
recepción e análise das propostas, un comité integrado por profesionais de
diversas áreas do banco será o encargado de seleccionar os proxectos
participantes no primeiro taller, que se levará a cabo no mes de xaneiro. As
startups seleccionadas gozarán de importantes beneficios, xa que o programa
ofrece un completo paquete de apoio destinado a dotalas de coñecemento de
xestión e recursos económicos e materiais para madurar o seu proxecto de
emprendemento. Faino seguindo a fórmula de anteriores edicións, a través de
sesións con expertos do sector ou reunións con distintas unidades de negocio de
Abanca (Negocio, Innovación, TI e Investment Banking).
Deste xeito, os
participantes poderán asistir a diferentes clases maxistrais e mesas redondas
con destacados relatores do ecosistema nacional de emprendemento. Ademais,
tamén se desenvolverán as tradicionais sesións de Café Fintech, é dicir,
charlas informais con directivos e empregados de Abanca que lles permitirán
coñecer o funcionamento da entidade.