Abanca integra Alipay+ nos seus TPV
martes, 30 de xullo do 2024
Abanca e Starpay veñen de anunciar un acordo de colaboración con Alipay+, unha solución de pagamentos móbiles popular nalgúns mercados asiáticos, de xeito que os TPV de Abanca poden asà aceptar pagamentos de moedeiros electrónicos e aplicacións bancarias como Alipay, AlipayHK, MPay, Touch’n Go eWallet, Hipay, GCash, OCBC Digital, Changi Pay, TrueMoney, Tinaba, Bluecode, Kakao Pay, Naver Pay e Toss Pay.
Esta integración nos TPV busca facilitar os pagamentos aos turistas internacionais, que asà poden continuar a empregar un método de pagamento no que confÃan pese a estar lonxe do seu paÃs (e incluso aproveitar as promocións asociadas), o que pode contribuÃr á captación de turistas e incrementar o seu gasto en establecementos locais.