Aberta a 13ª edición do Concurso de Postais de Nadal do CPEIG para nenos e adolescentes de 3 a 18 anos
venres, 29 de novembro do 2024
O Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG) convoca, por décimo terceiro ano consecutivo, o Concurso de Postais de Nadal, dirixido a nenos e nenas e adolescentes de 3 a 18 anos. O certame divÃdese en dúas categorÃas: A, dirixida a rapaces de entre 3 e 12 anos, e a B, destinada á participación de rapaces de entre 13 e 18 anos.
As/os participantes deberán ser familiares de persoas colexiadas. O número máximo de candidaturas por colexiado é de tres. O premio que recibirá o gañador será unha tableta para a categorÃa A, e uns auriculares sen fÃos para a categorÃa B. A xunta de goberno do CPEIG elixirá, de entre os dous gañadores, a obra que será a felicitación oficial do Colexio para estas festas.
Segundo as bases do certame, a técnica é libre e poderanse usar pinturas, témperas, ceras, colaxe, etc. O formato pode ser vertical ou horizontal. Os participantes poderán enviar as súas propostas ata as 13:00 horas do dÃa 10 de decembro, remitÃndoas ao correo electrónico informacion@cpeig.gal, cos datos do candidato e xuntando a postal dixitalizada con calidade e en formato JPG ou PNG. O fallo do xurado farase público na web do colexio o 14 de decembro.