Abertas as inscricións para os cursos da Aula CeMIT do mes de febreiro
mércores, 28 de xaneiro do 2026
A Aula CeMIT do Concello de Boiro ten abertas as inscricións para os cursos formativos do mes de febreiro. Para participar é necesaria a inscrición previa mediante o enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou nos teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139.
Do dÃa 2 ao 5 febreiro, en horario de 10.00 a 12.30 horas vaise levar a cabo a formación en manexo do teléfono móbil nivel básico; do 9 ao 11 en horario de 10.00 a 12.00 horas vaise impartir a formación en trámites electrónicos; do 16 ao 18 de febreiro de 10.00 a 12.30 horas, deseño gráfico con Inkscape nivel básico e do 23 ao 26 de 10.00 a 12.30 horas, folla de cálculo nivel medio.
