Abertas as inscricións para participar no grupo de IA e educación que liderará Francisco Bellas (CITIC)
mércores, 31 de xullo do 2024
O Centro de Investigación TIC da UDC informou que as persoas que queiran participar no grupo de traballo sobre Intelixencia Artificial na educación do Centro Europeo de Educación Dixital da Comisión Europea que liderará o investigador do CITIC, Francisco Bellas, teñen ata o 5 de agosto para formalizar a súa inscrición. O trámite pode realizarse a través xa en liña.
Este novo equipo tentará continuar co alto éxito do anterior Squad 5 liderado por Lidija Kralj, a través do cal elaboráronse un conxunto de informes que lograron un alto impacto no campo.
O grupo de traballo centrarase na “explicabilidade” da IA na educación, termo que se usa no contexto da Intelixencia Artificial e a aprendizaxe automática para referirse á capacidade dun modelo ou sistema de ser comprendido e explicado en termos comprensíbeis para os humanos.
Ademais, tamén está aberto o prazo para participar no workshop sobre IA e educación que terá lugar os días 17 e 18 de outubro de 2024 en Bruxelas.