Aberto o prazo de presentación de candidaturas aos Premios á Excelencia Empresarial de Santiago
martes, 3 de setembro do 2024
- Empresas gañadoras da edición anterior dos galardóns
Estes martes 3 de setembro abre o prazo de presentación de candidaturas á terceira edición dos Premios de Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030, convocada polo Concello de Santiago para distinguir as boas prácticas empresariais en ámbitos como a conciliación, a innovación ou a economÃa circular, entre outros. O prazo estenderase ata o 1 de outubro.
A convocatoria para este ano conta cun orzamento de 60.000 euros, divididos en sete premios de 5.000 euros e unha serie de mencións. O seu obxectivo concreto e estendido é premiar as empresas que se distinguisen polas boas prácticas no eido da conciliación laboral e familiar, economÃa circular, innovación, comercialización en produtos e servizos culturais, retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e, tamén, das boas prácticas de empresas de economÃa social.
Estas distincións están dirixidas a todas as empresas que teñan a súa sede social fiscal e, cando menos, un centro de actividade no Concello de Santiago de Compostela, baixo calquera forma xurÃdica admitida en dereito, e sexa cal sexa o seu campo de actividade. Establécense as seguintes categorÃas:
- Boas prácticas en materia de conciliación.
- Boas prácticas en materia de economÃa circular.
- Boas prácticas en materia de innovación e ciencia aplicadas ao modelo de negocio.
- Boas prácticas en innovación, en comercialización de produtos e servizos culturais.
- Boas prácticas de empresas de economÃa social.
- Boas prácticas que identifican estratexias que apostan por atraer, reter ou mellorar o talento.
- Boas prácticas aliñadas cos retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e os ODS da Axenda 2030.
Como novidade, terase en conta como criterio de valoración a aplicación da perspectiva de xénero e da igualdade nas propostas presentadas.