Aberto o prazo para participar no Curso de Mercadotecnia Online que se desenvolve en Santiago
xoves, 15 de maio do 2014
O noso compañeiro Javier
Rocamora vén de informarnos que xa está aberto o prazo de
inscrición para unha interesante actividade formativa sobre novos
xeitos de promovernos ante o mundo, ás nosas empresas e ás nosas
empresas. O Curso
de Mercadotecnia Online e Community Management é unha actividade
nova no noso panorama divulgativo, que consta de 24 horas de
formación (repartidas en seis sesións de catro horas cada unha) e
que se desenvolve o vindeiro 26 de maio e máis os días 2, 9, 16, 23
e 30 de xuño no Edificio Quercus do Polígono de Costa Vella en
Santiago.
As sesións están
dirixidas “a pequenos empresarios, responsables de mercadotecnia,
responsables de comunidades en liña, persoas que desexen
introducirse no mundo da publicidade e a promoción dixital e as
redes sociais”, informa a organización, que tamén explica que se
trata dun curso fundamentalmente práctico, onde se convidará a
cada asistente a desenvolver a súa propia estratexia de
mercadotecnia online e pór en marcha os coñecementos
adquiridos durante as diferentes sesións. Polo que respecta ao
número de prazas, serán 25. Respecto dos prezos, serán 225 euros
se o pago é único e 250 se se fai en dous prazos. A continuación
damos conta do programa por sesións.
· Sesión 1: 26 de Maio.
Introdución e presentación do curso.
Como definir unha estratexia de presenza online para o meu negocio.
Contidos básicos dun plan de mercadotecnia en liña.
Como crear unha marca en Internet.
Marca persoal e marcas corporativas.
Elaboración do plan persoal ou de empresa do alumno.
Conexión coas estratexias offline.
· Sesión 2: 2 de Xuño.
Uso profesional das redes sociais
Panorama das redes sociais en España
En que redes interésame estar?
Elaboración do Social Media Plan de cada alumno.
Que tipo de contidos poden achegarse ás redes sociais?
Posta en marcha de páxina en Facebook. Como utilizar a páxina para gañar clientes.
Interpretación das estatísticas de Facebook.
Uso profesional de YouTube. Pautas para a creación de vídeos.
· Sesión 3: 9 de Xuño
Uso profesional de Twitter.
Como empezar en Twitter e como converterse en relevante.
O que se debe facer e o que non en Twitter.
LinkedIn: Como sacar partido á túa rede de relacións.
Páxinas de empresa en LinkedIn.
Perfís persoais e de empresa en Google+
Outras redes sociais: Instagram, Pinterest, Tuenti, WhatsApp.
Ferramentas de produtividade e control nas redes sociais.
· Sesión 4: 16 de Xuño
A web como elemento central da presenza en liña.
Pautas de deseño eficaz dunha web.
Que debo contar na miña web?
Analítica web: Introdución a Google Analytics.
Como tomar decisións a partir dos datos de analítica web.
Posicionamento: Como aparecer nos primeiros resultados de procura.
· Sesión 5: 23 de Xuño
Como crear un blog e por que facelo.
Diferenzas entre blog persoal e corporativo.
Creación dun blog con WordPress.
Plan de contidos para o teu blog.
Publicidade online: Como anunciarse en Internet.
Creación e control de campañas en Google Adwords.
Mercadotecnia en dispositivos móbiles.
· Sesión 6: 30 de Xuño
Como converter Internet nunha canle de venda.
Crear e controlar unha tenda en liña: Principais sistemas (Magento, Prestashop, sistemas na nube)
Creación dunha tenda sinxela con WordPress.
Sistemas de pago e envío.
Requisitos legais dunha tenda dixital.
Presentación de proxectos dos alumnos.
Peche do curso.
