Abre o prazo para participar en LugoWork, que inclúe dous cursos TIC

mércores, 11 de xaneiro do 2017 Redacción

A Deputación de Lugo vén de abrir o prazo, dende xa e até o 3 de febreiro, para solicitar a nosa participación nos seus cursos LugoWork, iniciativa de accións formativas destinada lucenses de menos de 30 horas rexistrados no Sistema de Garantía Xuvenil. LugoWork, que ten abertas as canles de participación a través das webs da Deputación de Lugo e da Escola de Organización Industrial (EOI), arrinca con sete accións formativas de balde, dúas das canles teñen relación directa coas novas tecnoloxías da información (vendas en liña e xestión informática e de Internet).
LugoWork, como lembraremos, é o primeiro plan de emprego xuvenil participativo da provincia, impulsado pola entidade que preside Darío Campos tras captar case 2 millóns de euros da Unión Europea a través da EOI. Hai prazas para 105 persoas. Os participantes terán a posibilidade de ser contratados en empresas da provincia durante 6 meses.
Para isto, o organismo provincial asumirá parte dos custos laborais con axudas de 5.000 euros ás entidades contratistas lucenses, que serán seleccionadas nun vindeiro concurso público. As 7 accións formativas, que inclúen preto de 1.600 horas de formación, son: Auxiliar de Vendas Online e Atención ao Público; Axudante de Cociña e Servizo de Restauración; Emprego eficiente e uso de maquinaria para o aproveitamento forestal; Aserrado de madeira; Auxiliar de Xestión Informática e Internet para PEME; Traballos auxiliares en obras de rehabilitación e construción e Operario de obra civil.
Os cursos celebraranse nas zonas centro, norte, sur e montaña lucenses, pois terán lugar en Lugo, Viveiro, A Fonsagrada e Monforte de Lemos.
A Deputación tamén informou que durante este ano fornecerá máis cursos con posibilidade de contratos, ao tempo que arrancará a liña de LugoWork que inclúe formación e axudas de 3.000 euros para que mozos lucenses no paro poñan en marcha os seus propios establecementos, favorecendo o emprendemento.

PUBLICIDADE